Excursión a Braga e Guimaraes da Asociación de Veciños A Unión de San Pedro

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza unha excursión a Braga e Guimaraes o vindeiro domingo 1 de outubro, con saída ás 9:00 da mañá desde o local da asociación. O prezo é de 35 euros por persoa e inclúe autobús, seguro de viaxe, guía local e xantar. Máis información e reservas no teléfono 986 35 48 84.