Gondomar acollerá a LXXVIII Exposición Monográfica de Pastor Alemán

FOTO: REAL CLUB ESPAÑOL DEL PERRO DE PASTOR ALEMÁN (CEPPA)

O Real Club del Perro de Pastor Alemán, coa colaboración da Concellería de Turismo de Gondomar, organiza do 22 ao 24 de setembro a LXXVIII Exposición Monográfica de Pastor Alemán. Haberá adestramentos, charlas, exhibicións e actividades para nenos.

O programa previsto comezará o venres 22 con adestramentos Körung de 19:00 a 21:00 horas.

O sábado 23 ás 9:00 da mañá serán as probas de Körung, Resistencia e TSI. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, haberá unha charla coloquio con Lothar Quoll e José Oves, ás 18:45, Antón Rey Vila e José Enrique Pena Lourido mostrarán o adestramento civil de cans, e ás 19:45 horas, terá lugar unha exhibición de adestramento IPO. Ás 22:00 celebrarase unha cea de confraternización.

O domingo 24 ás 9:00 da mañá comezará a exposición e haberá actividades para nenos e nenas “Vocalía de Juventud”.

Todas as actividades desenvolveranse no campo de fútbol municipal das Cercas, excepto a charla e a cea de confraternización, que serán no Centro Neural e no Pazo da Escola respectivamente.