O Panxón Nigrán FS busca nenas para consolidar o seu equipo infantil feminino

FOTO: PANXÓN NIGRÁN FS // Equipo infantil feminino.

O Panxón Nigrán FS busca nenas para reforzar e consolidar o seu equipo infantil feminino, creado a tempada pasada, ademais de impulsar e afianzar o fútbol sala feminino como unha alternativa para a práctica de actividades deportivas entre as nenas e adolescentes.

“Se naciches nos anos 2006, 2005 ou 2004 e gústache o deporte en xeral, e en particular o fútbol sala ou o fútbol, non o dubides e ven a probar e divertirte”, afirman desde o Panxón Nigrán FS. O Club ofrece a posibilidade de asistir aos adestramentos de forma gratuíta e sen compromiso durante setembro. Só hai que ir ao adestramento con roupa e calzado deportivo, e presentarse aos adestradores.

Pódese asistir e probar a partir do 4 de setembro, os martes de 19:30 a 21:00 (Pavillón CPI Panxón) e os venres de 18:00 a 19:30 (Pavillón Municipal).

E para as nenas nadas entre os anos 2007 e 2013 ofrecen a posibilidade de practicar e divertirse xogando ao futsal nos seus equipos mixtos. En todos os casos, por unha cota mensual de 12 € para a Escola Futsal Nigrán e 17 €/mes para categorías federadas.

Para máis información hai que chamar ao 654 168 876 (Ramón) ou enviar un correo electrónico a panxonnigranfs@gmail.com.

Anuncios