Sin categoría

O Centro Cultural de Baíña organiza unha xornada de paintball infantil

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza unha xornada de paintball en Vigo o vindeiro xoves de 9:00 a 14:00 horas. A actividade está destinada a nenos maiores de 8 anos, que poderán gozar de paintball en dous escenarios diferentes con todo o material necesario: máscaras, monos, chalecos… todos os equipos de seguridade incluídos. O prezo para participar é de 25 euros, con transporte en autocar e picnic incluído. Máis información no teléfono 653 684 969.