Conclúe en Baiona o 32º Trofeo Príncipe de Asturias

Esta tarde concluíu en Baiona a trixésimo segunda edición do Trofeo Príncipe de Asturias, organizado polo Monte Real Club de Yates e a Escola Naval Militar, e celebrado durante o últimos tres días.

Con máis de 80 barcos en liza, a competición, unha das máis prestixiosas do panorama náutico español, logrou dar espectáculo nas Rías Baixas a pesar da falta de vento que protagonizou as dúas últimas xornadas e obrigou a suspender algunhas das probas previstas.

Na competición dos grandes barcos, na que a axustadísima clasificación da anterior xornada anunciaba unha disputa moi emocionante, non puido celebrarse nin tan sequera unha proba. O vento aparecía e desaparecía, rolaba continuamente e non conseguiu estabilizarse en ningún momento. Pouco antes do tope fixado para o final das saídas, o comité de regata decidiu izar anulación, polo que os podios provisionais convertéronse en definitivos.

Na clase Óptica Studio ORC 1, a tripulación do Pairo 8, do Real Club Náutico de Vigo, liderada polo olímpico Jordi Xammar, foi a vencedora do trofeo. levou o triunfo superando ao Xekmatt de José Carlos Prista, da Asociación Naval de Lisboa; e o Abril de Jorge e Luís Pérez Canal, do Real Club Náutico de Vigo, que quedaron segundo e terceiro respectivamente.

Na clase Aceites Abril ORC 2 o gran premio do Príncipe foise para Sanxenxo da man de Willy Alonso, que colocou ao Sum Innovation no máis alto da clasificación. O Porto de Aveiro de Delmar Conde, do Club Náutico Boca de Barra; e o MBA Atlántico de Rui Ramada, do Monte Real, completaron o podio.

Os clubs de Vigo e Baiona levaron os premios da clase Gadis ORC 3. Para o náutico vigués foise o primeiro, no que gravou o seu nome o Maracaná de Luís Suárez; e no Monte Real quedaron o segundo e o terceiro, do Unus de Luis Manuel García e o Fend la Bise de Jean Claude Sarrade.

Máis sorte que os ORC’s 1, 2 e 3 tivo a frota das clases Volvo Autesa ORC 4 e Martin Miller ORC Open, porque aínda que tardaron moito en comezar, puideron aproveitar unha brisa para disputarse un percorrido costeiro de 7 millas nesta última xornada.

O Con Caalma de Francisco Javier Rey, do Monte Real Club de Yates; e o Ay Carmela de Juan Martínez Pazó, do Liceo Marítimo de Bouzas, venceron na clase Volvo Autesa ORC 4.

Na clase Martin Miller ORC Open venceu o Jandrocho Team de Roberto Reboredo, de San Adrián de Cobres, que superou ao Bombastic de César Fernández Casqueiro, do Monte Real; e ao Villano do Real Club Náutico da Coruña, patroneado por Luís Bodelón.

O podio da clase Storax Clásicos quedou composto da seguinte maneira: o Blue Moon de Luís Molina (RCN Coruña) resultou gañador, e o Pingüino Uno de Carlos Romero (CM Canido) e o Belisa de José Manuel Cores (AGABACE), quedaron segundo e terceiro.

Na disputa dos 6 metros os resultados quedaron definidos pola proba celebrada o sábado, porque aínda que a frota saíu á auga e puido iniciar unha manga, a falta de vento obrigou a suspender a regata tras a primeira popa.

Na competición dos 6 metros clásicos a vitoria levoulla o Capriche de Íñigo Echenique, do Club Marítimo de Canido; e nos 6 metros venceu o Maybe de Luís Martín Cabiedes, do Real Club Náutico de Sanxenxo, que tamén levou o trofeo da clasificación combinada do conxunto de 6m. O Bribón Movistar do Rei Juan Carlos, no que navegou acompañado por Pedro Campos, quedou segundo.

Na clase Solventis J80 o Okofen de Javier de la Gándara, do Monte Real, partía como favorito e non defraudou. Foi o gañador desta trixésimo segunda edición do Príncipe e levou, ademais, o Premio Especial Mary Woodward ao mellor barco J80 da tempada. Entre o resto da frota houbo outros dous barcos destacados, o Mariña Coruña – Costa de Pablo Martínez (RCN Coruña) e o Miudo de Francisca Barros (MRCYB), que ademais de exercer de fortes rivais de De la Gándara sobre a auga, lograron o segundo e terceiro premio do trofeo.

O Rei Juan Carlos foi o encargado de entregar o premio á tripulación gañadora da ¡HOLA! Ladies Cup, a competición exclusivamente feminina que se celebra no marco do Trofeo Príncipe de Asturias e que reúne a 36 das mellores patroas de España. O barco Hello! , do club BB Douro, patroneado por Marta Ramada subiuse todo o máis alto do podio, deixando a segunda posición para o Hello Fashion Monthly do Monte Real, patroneado por Rosalía Martínez e cunha tripulación de alumnas da Escola de Vela do club organizador.

Na repartición de premios, que presidiu o rei emérito, entregouse tamén unha mención de honra ao barco AXA Seguros, tripulado por alumnos do Centro Juan María de Nigrán para persoas con discapacidade intelectual. Son un grupo de mozos que asisten, ao longo de todo o ano, á Escola de Vela Adaptada do Monte Real e que participaron, por terceiro ano consecutivo, no Trofeo Príncipe de Asturias. A iniciativa conta co apoio da Consellería de Política de Social.

Entregouse, ademais, o Premio Conde de Barcelona Don Juan de Borbón ao mellor barco con tripulación portuguesa, que levou o Porto de Aveiro do Club Náutico Boca de Barra, patroneado por Delmar Conde.

CLASIFICACIÓN FINAL 32º TROFEO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
Domingo, 3 de setembro de 2017

CLASE OPTICA STUDIO ORC 1
1. PAIRO 8 • JORDI XAMMAR • RCN VIGO
2. XEKMATT • JOSE CARLOS PRISTA • A.NAVAL LISBOA
3. ABRIL • JORGE Y LUIS PÉREZ CANAL • RCN VIGO

CLASE ACEITES ABRIL ORC 2
1. SUM INNOVATION • WILLY ALONSO • RCN SANXENXO
2. PORTO DE AVEIRO • DELMAR CONDE • CN BOCA DE BARRA
3. MBA ATLANTICO • RUI RAMADA • MRCYB

CLASE GADIS ORC 3
1. MARACANÁ I • LUIS SUAREZ • RCN VIGO
2. UNUS • LUIS MANUEL GARCÍA • MRCYB
3. FEND LA BISE • JEAN CLAUDE SARRADE •MRCYB

CLASE VOLVO AUTESA ORC 4
1. CON CAALMA • FCO JAVIER REY • MRCYB
2. AY CARMELA • JUAN MARTINEZ PAZÓ • LM BOUZAS

CLASE MARTIN MILLER ORC OPEN
1. JANDROCHO TEAM • ROBERTO REBOREDO • SAN ADRIAN DE COBRE
2. BOMBASTIC • CÉSAR FERNANDEZ CASQUEIRO • MRCYB
3. VILLANO • LUIS BODELÓN • RCN CORUÑA

CLASE STORAX CLÁSICOS
1. BLUE MOON • LUIS MOLINA • RCN CORUÑA
2. PINGÜINO UNO • CARLOS ROMERO • CM CANIDO
3. BELISA • JOSÉ MANUEL CORES • AGABACE

CLASE 6M
1. MAYBE • LUIS MARTÍN CABIEDES • RCN SANXENXO
2. BRIBÓN MOVISTAR • S.M.D. JUAN CARLOS • RCN SANXENXO

CLASE 6M CLÁSICOS
1. CAPRICHE • IÑIGO ECHENIQUE • CM CANIDO
2. ALIBABA II • MIGUEL LAGO • ROYAL THAMES YACHT CLUB
3. AIDA • FRANCISCO BOTAS • RCN CORUÑA

CLASE 6M COMBINADA
1. MAYBE • LUIS MARTÍN CABIEDES • RCN SANXENXO

CLASE SOLVENTIS J80
1. OKOFEN • JAVIER DE LA GÁNDARA • MRCYB
2. MIUDO • FRANCISCA BARROS • MRCYB
3. MARINA CORUÑA – COSTA • PABLO MARTÍNEZ • RCN CORUÑA

¡HOLA! LADIES CUP
1. HELLO! • MARTA RAMADA • BB DOURO
2. HELLO FASHION MONTHLY • ROSALÍA MARTINEZ • MRCYB

Anuncios