Castro e Ladeira organiza un mini cruceiro desde Lisboa a Vigo

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza un mini cruceiro de 2 días con Pullmantur. O embarque será o 27 de abril de 2018 en Lisboa con chegada a Vigo. O prezo da viaxe é de 140 euros por persoa, 3ª e 4ª persoa 120 euros compartindo camarote, nenos 100 euros en camarote interior e camarote exterior 160 euros por persoa.

Inclúe autobús ata o porto de Lisboa, dous días de cruceiro en réxime de todo incluído, todas as instalacións, actividades e discoteca sen cargo adicional, taxas de embarque e propinas.

As reservas poderanse realizar ata o 15 de decembro nos teléfonos 659 325 768 (Martín) ou 653 793 844 (Isabel). As prazas son limitadas.

Anuncios