Gondomar despide aos pequenos saharauís que pasaron as vacacións no Val Miñor

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social, organizou unha celebración para despedir aos nenos e nenas saharauís que pasaron as vacacións no Val Miñor.

Os actos comezaron no Centro Neural, onde as familias acolledoras, os nenos e nenas e a delegación saharauí en Galicia, foron recibidos polo alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Benestar Social, Rocío Cambra. Despois trasladáronse ao Parque da Coelleira, onde todos xuntos puideron desfrutar dunha merenda.

Este ano foron 17 os nenos e nenas que conviviron no Val Miñor e Baixo Miño no marco do programa Vacacións en Paz, oito en Nigrán, cinco en Gondomar, un en Tomiño, dous en Tui e un na Guarda.

O Concello de Gondomar vén apoiando institucionalmente o programa solidario e educativo de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí desde hai máis de dez anos.

 

Anuncios