Inscricións abertas para a escola de pintura do Liceo Marítimo de Baiona

FOTO: LICEO MARÍTIMO DE BAIONA

O Liceo Marítimo de Baiona abre a inscrición para a escola de pintura, infantil e de adultos. Esta actividade que comezou o ano pasado, retoma a antiga Escola Municipal de Pintura de Baiona, baixo a dirección de Stella Trigo e Claudio Maseiro, que foron os responsables da mesma no pasado, onde participaron un gran número de mozos da localidade. Esta actividade, que comezará o 8 de setembro, desenvolverase para os nenos os venres de 17:00 a 18:30 horas, e para adultos de 18:30 a 20:00 horas.

Para pre-inscricións e máis información sobre o curso deben pasar polo propio Liceo ou poñerse en contacto chamando ao 653757614 ou no mail liceodebaiona@gmail.com.