A Escola da Agrupación Musical de Vincios ten aberto o seu prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar. Ofértanse clases para nenos a partir de catro anos e tamén existe un grupo de adultos.
As especialidades que se cursan na escola son: clarinete, frauta, oboe, trompeta, trompa, trombón, tuba, saxo, bombardino, percusión, violonchelo, contrabaixo e fagot.
Reunión informativa
Para todos os interesados, haberá unha reunión informativa o martes 5 ás 20:00 horas na escola de música á que deberán asistir todos os pais/titores de alumnos menores así como os alumnos adultos.
Apertura do curso
As clases comezan o próximo día 11 de setembro e para celebralo, o grupo de percusión ODAIKO ofrecerá o seu espectáculo “invención” o domingo 17 de setembro ás 19:00 horas no Centro Cultural de Vincios.

