Sin categoría

O Cereixa xógase o pase a oitavos da Copa Galicia

O Cereixa Gondomar FS enfróntase este mércores ao Mosteiro Bembrive FS na rolda clasificatoria para os oitavos de final da Copa Galicia. O encontro comezará ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Gondomar.

O equipo local estará ao dar todo para continuar adiante. En fronte, un histórico que hai non moito tempo daba moita pelexa na categoría de bronce do fútbol sala español (2B).

“Disputar esta competición é un premio a outra enorme tempada dos nosos xogadores que apoiados no corpo técnico, os colaboradores e por suposto a afección, tentará novamente deixar ao grande o fútbol sala miñorano”, sinalan desde o Cereixa Gondomar FS.