
Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este luns 28 de agosto proxectarase a película “Star Trek: Más Allá”, ás 23:00 horas na Praza do Concello.
O USS Enterprise, a nave insignia da Frota Estelar liderada polo capitán James T. Kirk (Chris Pine), volve sucar o universo para asegurarse da protección da Terra e do resto de planetas aliados. Pero a tranquilidade durará pouco e o perigo axexa. A primeira etapa da súa misión levaralles a un territorio descoñecido, e a súa travesía de vixilancia pronto se converterá nunha carreira pola supervivencia espacial cando se enfronten a un novo e fero inimigo, Krall (Idris Elba), unha especie alieníxena avanzada. Para frear os seus sinistros plans, Kirk deberá reunir ao seu equipo e usar todo os seus recursos para resolver os desafíos aos que se enfrontarán. Á vez que tentan atopar o modo de volver á Terra, a súa misión será protexer o futuro da raza humana e preservar a harmonía entre especies… Terceira entrega da nova saga de Star Trek.