Sin categoría

Love of Lesbian pecha “La Fiesta” do Pazo de Cea con todas as entradas vendidas

“La Fiesta” do Pazo de Cea, en colaboración co Concello de Nigrán, remata este venres 25 de agosto co concerto do aclamado grupo indie Love of Lesbian, para o que as entradas están xa esgotadas hai dúas semanas. Como nas anteriores edicións, os asistentes poderán desfrutar dende as 20.00 horas dos mellores postos de comida e bebidas. Nas sesións de “La Fiesta” pasaron ao longo deste mes de agosto Wyoming & Los Insolventes e Mickel Erentxun.