Teatro do Ar presenta este xoves “Naufraxio” no Auditorio Municipal de Nigrán

A compañía de teatro afeccionado de Nigrán “Teatro do Ar” estrea este xoves 24 de agosto ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a obra “Naufraxio”, escrita e montada integramente polo grupo. A entrada é de balde.

Naufraxio é un drama actual que aborda temas que están na boca de todos. Coa corrupción política de transfondo os actores demostrarán os dous lados do amor, a crise da enfermidade, e a violencia contra a muller.

Con esta creación propia, o grupo de teatro máis novo de Nigrán busca levar á escena en palabras do seu director, Pablo Fernández, “o lado escuro do mundo que nos rodea, do que moitas veces se fala de maneira superficial”.

ARVE Error: id and provider shortcodes attributes are mandatory for old shortcodes. It is recommended to switch to new shortcodes that need only url

Anuncios