Bermúdez presenta o seu monólogo “Cada oreja, con su pareja” en Baiona

Este mércores 23 de agosto continúa o ciclo “Baiona con humor” incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2017, organizado pola Concellería de Cultura de Baiona. O cómico Carlos Soto, coñecido artisticamente como Bermúdez, presentará ás 23:00 horas na Praza do Concello o seu monólogo “Cada oreja, con su pareja”, coa súa particular versión do amor.

Unha sesión de humor repleta de ironía e sarcasmo na que o cómico poñerá toda a carne no asador para que saias co mellor dos teus sorrisos.

Carlos del Soto, Bermúdez, naceu en Madrid o 15 de xaneiro de 1956. Actor, músico e showman, este madrileño debe o seu nome artístico á súa avoa materna. Entre os seus máis notables afeccións destacan, xogar ao mus cos seus “amiguetes”, o fútbol e sobre todo, a súa gran paixón: a música. Socio de El Club de la Comedia desde a súa fundación, é un hombre.com, parte da Cía. de Fuentes, analista da corrente alterna, lle queda tempo para escribirse o seu propio espectáculo e representalo, facer noite de cómicos, escribir algunha historia contraditoria, acudir aos programas dos amigos e todo isto sen despeitearse.

Anuncios