Asistencia gratuíta en equipos de TDT afectados pola instalación de 4G en Baiona

O Concello de Baiona informa de que os usuarios de Televisión Dixital Terrestre (TDT) afectados pola instalación das estacións base de telefonía móbil 4G no municipio dispoñen do correo electrónico ayuda@llega800.es ou o teléfono gratuíto 900 833 999 para solucionar incidencias ou pedir información.

Estas redes 4G, sobre a nova banda de frecuencias de 800 MHz, chegan para mellorar a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión baixo demanda, descargas de música, así como decenas de novos servizos. A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode levar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT) dos usuarios debido a que se utilizaba anteriormente para o servizo de TDT.

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Orde IET/329/2015, do 26 de febreiro de 2015, estableceu o procedemento de actuación para solucionar este tipo de problemas, garantindo que as molestias aos cidadáns sexan mínimas e a súa solución gratuíta.

A estes efectos, o número de atención gratuíto para os cidadáns é o 900 833 999 e a páxina web posta a disposición para os cidadáns é a http://www.llega800.es.