Arden os montes de Peitieiros

FOTO: @CIG.AXENTES.GZ

A primeira hora da noite deste luns declarouse un incendio forestal na parroquia gondomareña de Peitieiros. O lume, segundo veciños da zona, iniciouse xusto despois da posta do sol e en varios focos á vez, o que fai supoñer que foi provocado.

As chamas divísanse desde boa parte do municipio e mesmo da comarca, e sitúanse preto do Parque Natural do Monte Aloia. Na zona traballan tres axentes e sete brigadas, seis camións autobomba e unha pa escavadora.