Cayetano Lledó presenta este martes 22 de agosto en Baiona o seu espectáculo “Sherlock Holmes”, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2017 organizado pola Concellería de Cultura. Trátase dunha obra de teatro e maxia que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello.
O famoso detective Sherlock Holmes tentará resolver outro emocionante caso. As xoias da Mansión dos Patterson foron roubadas. Sospéitase de todo o persoal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas proximidades da Mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.

