O Paseo da Ribeira de Baiona acollerá este martes e mércores, 22 e 23 de agosto, a campaña “Presume de Galicia” que chega para reforzar a marca Galicia como destino turístico. Durante os dous días (de 10:00 a 20:00 horas), un stand con photocall estará a disposición dos veciños e visitantes para que poidan subir as súas imaxes tanto ás redes sociais como á páxina web presumedegalicia.com.
As mellores postas de sol, a cultura máis “riquiña”, praias para soñar ou lugares para perderse son algunhas das galerías baixo as que podemos atopar centenares de experiencias agrupadas na web Presume de Galicia, unha iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia para dar a coñecer e potenciar a enorme riqueza turística que atesoura a nosa comunidade a través dos ollos dos galegos e de quen nos visita.
A iniciativa contará coa montaxe dunha carpa de pequenas dimensións (300×450) na que se atoparán dúas persoas encargadas da promoción da acción. Na carpa, explicarase ao público en que consiste a web presumedegalicia.com e como pode formar parte da iniciativa e converterse nun “presumidor”. Na carpa estará dispoñible, ademais, un rúter inalámbrico que facilitará a participación dos asistentes, que
poderán subir as súas fotografías á web desde o mesmo set. As persoas que participen na acción entrarán nun sorteo de premios e recibirán un pequeno obsequio de merchandising co logotipo de Presume de Galicia. Non se requirirá de ningún tipo de instalación eléctrica.
Ademais, haberá un photocall no que os visitantes poderán sacarse divertidas fotografías presumindo de Galicia, xogando coas panorámicas dos lugares escollidos para realizar a acción e o atrezo que estará dispoñible.
Por última, unha furgoneta rotulada servirá para a carga e descarga do material desprazado e como une elemento máis do decorado habilitado no set.
A iniciativa xa pasou por distintas localidades das catro provincias galegas e con máis de 100.000 usuarios na web e nas redes sociais.

