Sin categoría

“Cine na Praza” en Baiona coa película “Cazafantasmas”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este luns 21 de agosto proxectarase a película “Cazafantasmas”, ás 23:00 horas na Praza do Concello.

Manhattan, Nova York. Despois de case trinta anos sen saber deles, as pantasmas e demos volvéronse a escapar dos infernos para destruír a cidade. Esta vez un novo equipo de Cazafantasmas, formado por un grupo de catro mulleres, está disposto a terminar con calquera ameaza espectral.