A avoa do Val Miñor falece aos 105 anos

Gumersinda Cortegoso Pereira faleceu aos 105 anos de idade. Esta veciña de Gondomar que podía presumir de ser a máis lonxeva do municipio e de toda a comarca, será enterrada o luns. Ás 17:45 horas os seus restos mortais sairán desde a sala 4 do Tanatorio del Miñor dirección á Igrexa Parroquial de San Bieito, en Gondomar, onde se celebrará o funeral.