Controlado un incendio forestal xunto á AG-57 ao seu paso por Parada

Ás 20:07 desta tarde declarouse un incendio forestal en Montecastelo, na parroquia nigranesa de Parada. As chamas, que se produciron xunto á autoestrada AG-57, quedaron controladas ás 21:02 e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural aínda non se dispón dunha estimación da zona afectada. Na súa extinción participan un axente, cinco brigadas, dúas motobombas e tres helicópteros. Ata a zona tamén se desprazou o GES de Val Miñor e a Policía Local de Nigrán.