Sin categoría

O Val Miñor rexeita o terrorismo e recorda ás vítimas de Barcelona e Cambrils

Baiona, Gondomar e Nigrán sumáronse este venres ao minuto de silencio convocado en todo o país ás 12:00 do mediodía como mostra de apoio e solidariedade coas vítimas dos atentados terroristas en Barcelona e Cambrils e en repulsa de calquera acto de terrorismo. Ás concentracións, celebradas diante dos respectivos Concellos, acudiron os diferentes gobernos locais, membros das corporacións municipais, funcionarios, representantes das forzas e corpos de seguridade e veciños. Así mesmo, os tres Concellos súmanse ao loito oficial de tres días nas administracións públicas. As bandeiras ondean a media hasta.

MINUTO DE SILENCIO EN GONDOMAR
FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Minuto de silencio en Gondomar.
MINUTO DE SILENCIO EN NIGRÁN
FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Minuto de silencio fronte o Concello de Nigrán.