A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona organiza este venres 18 de agosto a XV edición do seu Concurso Infantil de Pesca, que se desenvolverá no porto pesqueiro.
A competición comezará ás 17:00 horas coa concentración dos participantes. 15 minutos despois entregaranse as bolsas para as capturas e o bocadillo, para ás 17:30 horas comezar o concurso, que se prolongará ata as 18:45. Ás 19:00 horas comezará a pesada na chaira do porto pesqueiro e ás 19:30 horas celebrarase a entrega de premios e agasallos.
Haberá tres categorías segundo as idades, Sub 8, Sub 12 e Sub 16, todas elas mixtas.
Entregarase trofeo e medalla para os tres primeiros clasificados, premio ou trofeo á peza de maior peso e ao maior número de pezas, e agasallos para todos.

