Mikel Erentxun, protagonista dos concertos de “La Fiesta” en Pazo de Cea

“La Fiesta” do Pazo de Cea, en colaboración co Concello de Nigrán, ofrece mañá venres 18 de agosto o concerto do ex vocalista de Duncan Dhu Mikel Erentxun. As últimas entradas, cun prezo de 18 euros, están aínda á venda nos puntos oficiais. O  concerto comezará ás 23:00 horas, e antes haberá sesión dj con Pedro Arranz, dj de Costello Club Madrid. Como nas anteriores ocasións, os asistentes poderán desfrutar dende as 20:00 horas dos mellores postos de comida e bebidas. A última sesión de “La Fiesta” será o 25 de agosto con “Love of Lesbian”, concerto para o que xa se esgotaron todas as entradas.