Festas na honra da Virxe das Angustias en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe das Angustias.

Nigrán celebra do 18 ao 21 de agosto as festas na honra da Virxe das Angustias.

O venres 18 ás 19:00 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra da Nosa Señora de Luján seguida de procesión. Ás 20:00 horas haberá un pasarrúas dos cabezudos dende o Concello coa actuación da charanga Vaite Xa e pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo D’Momento e DJ Charlie.

O sábado 19 ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra de San Campio, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Redondela, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, a orquestra Superfama e David Civera amenizarán a verbena.

O domingo 20 ás 12:00 horas celebrarase una Misa Solemne na honra da Virxe das Angustias cantada pola Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión Musical de Coruxo, que ofrecerá un concerto a continuación e amenizará a verbena nocturna xunto coa orquestra Suavecito.

O luns 21 ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra da Nosa Señora do Socorro seguida de procesión. Pola noite, o grupo América e o trío La Noche amenizarán a verbena fin de festa.

Actos relixiosos

Haberá Misas Rezadas o sábado 19 ás 21:00 horas, o domingo 20 ás 10:30 da mañá e o luns 21 ás 10:00 e ás 21:00 horas por todos os falecidos da parroquia. O martes 22 celebraranse Misas Solemnes ás 10:00 e ás 12:00.

Anuncios