Concerto de Son D’Cuatro Trío en Sabarís

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este venres 18 de agosto o grupo de cordas e voces Son D’Cuatro Trío ofrece un concerto na Praza Victoria Cadaval de Sabarís a partir das 21:30 horas, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellaría de Cultura.

O trío, composto por Pablo Alonso (Primeira voz), Esteban Alonso (Segunda voz, Guitarra) e Miguel A. Cedeira (Terceira voz, Guitarra, Bandurra), realiza versións de clásicos do Bolero, Habaneira, Rancheira, Valse Peruano, etc.