As voces líricas de «Il Bello Canto» regresan a Baiona

A formación composta por catro novas voces líricas “Il Bello Canto” ofrecerá este xoves 17 de agosto un concerto a partir das 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura.

Il Bello Canto interpreta grandes éxitos da historia da música así como temas inéditos e de produción propia. Avalados polo seu estilo de Música Orquestral e pola súa impecable posta en escena, son un grupo representativo do máis selecto da música e ao mesmo tempo un espectáculo para todos os públicos.