O IEM organiza unha xeira pola parroquia de Pinzás en Tomiño

FOTO: IEM // Xeira pola parroquia de Pinzás en Tomiño.

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este mércores 16 de agosto, coa colaboración do Concello de Tomiño, unha xeira pola parroquia de Pinzás baixo o título «Ouro, estrelas e lobos», dentro do seu programa das xeiras de verán 2017.

A xeira, que estará guiada por Xosé Lois Vilar e Bruno Centelles, ten como punto de encontro a Casa de Cultura de Pinzás ás 20:00 horas. Non é necesaria a inscrición previa.