A Xunta está a reforzar a sinalización nas autoestradas e autovías de titularidade autonómica coa fin de evitar as incorporacións en sentido contrario e incrementar, así, a seguridade viaria.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, ten previsto realizar a finais deste mes actuacións de mellora na sinalización da autoestrada do Val Miñor (AG-57).
Unha vez rematados os traballos de colocación de sinais está previsto iniciar no vindeiro mes unha campaña de repintado de marcas viarias nas citadas infraestruturas.
O Goberno galego segue a traballar no mantemento e mellora da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos usuarios unhas infraestruturas cómodas e seguras.

