A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra do 15 ao 18 de agosto as festas na honra de San Roque.
O martes 15 a verbena estará amenizada polo grupo Ritmo e o trío La Noche.
O mércores 16 haberá Misas ás 8, 9, 10 e 11. Ás 12:30 celebrarase a Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Valladares, que ofrecerá un concerto a continuación. A partir das 17:00 horas terán lugar as tradicionais poxas a cargo de Carlos Riveiro e pola noite, a partir das 22:00 horas, a Banda de Música de Valladares e o grupo Aramio amenizarán a verbena.
O xoves 17 a programación comezará ás 10:00 da mañá co tradicional percorrido do tractor pola parroquia acompañado polo grupo de gaitas Balcón do Val Miñor. Ás 16:30 horas celebraranse as tradicionais cucañas e ás 20:00 horas, unha Misa por todos os socios falecidos da parroquia e devotos. Pola noite, a partir das 22:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestras Superfama e Anduriña.
O venres 18 ás 21:00 horas celebrarase a primeira cea de confraternidade San Roque/San Pedro, amenizada por unha actuación sorpresa.

