A Escola Naval Militar de Marín recibirá en Baiona o Premio Terras Gauda á institución do ano

FOTO: MONTE REAL CLUB DE YATES // Instalacións da Escola Naval Militar.

A Escola Naval Militar de Marín foi distinguida este ano co Premio Nacional de Vela Terras Gauda á institución do ano polo traballo que realiza, desde fai tres séculos, na formación científica, humanística, militar e mariñeira dos oficiais da Armada española.

O xurado que outorga os galardóns quixo recoñecer tamén con este premio o que a Escola se haxa convertido, ao longo da súa historia, nun un dos principais xeradores de coñecemento científico en España, en materias tan relacionadas co mundo náutico como a cartografía, a meteoroloxía, a xeodesia, a enxeñería, a hidrografía, a oceanografía ou a astronomía, entre outras.

A Escola Naval Militar de Marín recibirá o galardón no ano no que se cumpre o 300 aniversario do seu nacemento, en 1717, cando o Intendente Xeral da Armada Patiño ordenou a súa creación baixo o nome de Real Compañía de Gardas Mariñas.

Desde entón, con diferentes denominacións e localizacións, a institución foi berce dos oficiais da Armada, e polas súas aulas pasaron as tres últimas xeracións da Familia Real española, sendo os seus alumnos Don Juan de Borbón, Don Juan Carlos de Borbón e o actual rei Felipe VI.

O Comandante Director da Escola Naval Militar, José María Núñez Torrente, será o encargado de recoller o Premio Nacional de Vela Terras Gauda á institución do ano nunha gala que se celebrará o próximo 2 de setembro en Baiona, coincidindo coa celebración do Trofeo Príncipe de Asturias, que organiza o Monte Real Club de Yates.

BATALLÓN DE ALUMNOS E PROFESORES DA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN
FOTO: MONTE REAL CLUB DE YATES // Batallón de alumnos e profesores da Escola Naval Militar de Marín.