Anuncios
Ticker de novas

Chandebrito contará con dúas persoas para traballos en beneficio da comunidade

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Chandebrito.

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807, grazas a un convenio asinado co Goberno Central o 30 de outubro de 2012 e vixente a día de hoxe, contará en breve co apoio de dúas persoas que realizarán traballos en beneficio da comunidade na parroquia de Chandebrito ata o próximo mes de decembro.

As tarefas que desenvolverán son, entre outras, a roza de camiños veciñais, recollida de lixo de camiños, viarios públicos e outros lugares de uso común, a sinalización de lugares de interese, a limpeza de bens culturais, etc.

Ao mesmo tempo, esta Agrupación sen ánimo de lucro recollerá as propostas que realice a veciñanza neste sentido, coa intención de realizar as actuacións de interese público que propoña a mesma.

Anuncios