Anuncios
Ticker de novas

Unha ducia de artefactos participarán mañá no “Flota como Poidas”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Un total de doce “artefactos flotantes” participarán mañá no divertido “Flota como Poidas” ás 18:30 horas dende a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. De xeito extraordinario poderase inscribir algunha embarcación o mesmo día de 16:30 a 17:30 no lugar.

O Concello de Nigrán, que asume por segundo ano a organización, premiará ao artefacto flotante máis traballado e ao máis cutre, á tripulación máis simpática, á familia máis intrépida e participativa, ao tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela.

O “Flota como Poidas” coincidirá, como cada ano, coa feira de oportunidades “Portobello” de Ovalmi e constará tamén dunha actuación de Cultura no Camiño (Asacocirco Show ás 17:30 horas na Alameda de San Campio).

Anuncios