Anuncios
Ticker de novas

A Carreira Pedestre Popular de Baiona “Andar e Correr” xa supera os 1.100 inscritos

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Un total de 1.100 participantes xa están inscritos para unha nova edición da Carreira Pedestre Popular “Andar e Correr” que vaise celebrar o vindeiro 20 de agosto polas rúas de Baiona.

As Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas organizan a 33ª “Andar e Correr”, a carreira máis multitudinaria da Vila que reúne cada ano a máis de 2.000 deportistas nun percorrido de 10 quilómetros. As inscricións poden facerse a través da web http://www.andarecorrer.com e se pecharán o 16 de agosto. Todos aqueles que se inscriban antes do día 13 recibirán unha camiseta conmemorativa.

A saída efectuarase para os adultos desde a entrada do Parador Conde de Gondomar e para os pequenos desde o parque da Palma, sendo a chegada para todas as categorías no parque da Palma.

A clasificación será absoluta e por categorías. Entregásense trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos vencedores absolutos da carreira (masculino e feminino). Tamén recibirán un trofeo os primeiros baioneses clasificados (home e muller), que deberán estar empadroados no Concello desde xaneiro do ano en curso.

Anuncios