Anuncios
Ticker de novas

O Centro Cultural de Borreiros organiza unha excursión ás Illas Cíes

FOTO: TURISMO.GAL

A Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros organiza o domingo 3 de setembro unha excursión ás Illas Cíes, con saída ás 9:30 da mañá desde o porto pesqueiro de Baiona e regreso ao mesmo ás 19:45 horas. Os interesados poden anotarse ata o 26 de agosto abonando 10 euros na cafetería do Centro Cultural de Borreiros (nenos e nenas de ata 12 anos gratis). Se se reúnen 55 persoas haberá a posibilidade de poñer un autobús desde o Centro Cultural ata Baiona cun incremento no prezo de 2,50 euros. Máis información no teléfono 986 35 38 95.

Anuncios