Anuncios
Ticker de novas

Intercambio de xogos galegos e saharauís en Gondomar

FOTO: IEM

Este xoves tivo lugar o encontro do Instituto de Estudos Miñoráns coas familias acolledoras de nenos e nenas saharauís que pasan o verán no Val Miñor e Baixo Miño, no que o xogo foi a estrela nunha tarde de convivencia e intercambio de culturas.

Desde as 18:00 horas, xogos populares galegos e saharauís fixeron as ledicias de nenos e maiores no Parque Ponte de Rosas de Gondomar, organizados polas mestras María Lemos, Alba Costas e Begoña Martínez.

Pequenos e maiores puideron compartir os xogos populares galegos da Chave, os Zancos, a Corda, e o Pano e os xogos populares saharauís do Pisu, a Dama, o Talbat, e o Ometsalvi.

Este ano son 17 os nenos e nenas saharauís de entre 7 e 12 anos chegados dos campos de refuxiados de Tinduf os que conviven con familias acolledoras no Val Miñor e Baixo Miño no marco do programa “Vacacións en Paz”. Oito deles en Nigrán, cinco en Gondomar, un en Tomiño, dous en Tui e un na Guarda.

Anuncios