Anuncios
Ticker de novas

Gran sardiñada no porto pesqueiro de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Comisión de Festas da Virxe do Carme de Baiona organiza este sábado 12 de agosto unha gran sardiñada no porto pesqueiro a partir das 12:00 e durante todo o día. O prezo da ración será de 8 euros e inclúe sardiñas, cachelos, pan e bebida. Tamén haberá empanada, pizza, bocadillo de chourizo e sobremesa por 3,50 euros. O prezo das bebidas variará entre 1 euro (auga), 1,50 (vaso de viño, refresco ou cervexa) e 6 euros (botella de viño). Ademais o evento estará amenizado por un grupo de gaitas e incluirá diversión para os máis pequenos.

Anuncios