Anuncios
Ticker de novas

Festa do Neno na Carrasca

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca de Parada, en Nigrán, continúa este xoves 10 de agosto coa súa XXIV Semana Cultural coa celebración da Festa do Neno a partir das 17:30 horas. Haberá inchables, conta contos, globoflexia, xogo de maquillaxe artística… e grandes sorpresas.

A semana cultural finalizará o venres 11 coa festa gastronómica de ovos con chourizo no “Xogo dos Bolos” da Praza da Carrasca a partir das 21:30 horas. O evento, que cumpre a súa VII edición, estará amenizado polo Grupo de Gaitas Cores do Sobreiro da Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros (Gondomar).

Anuncios