Anuncios
Ticker de novas

Continúa o ciclo “Baiona con humor” con Álex Clavero

Este mércores 9 de agosto continúa o ciclo “Baiona con humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura, coa actuación de Álex Clavero. O monólogo comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.

Cal é a arma máis poderosa? A risa. E a Álex Clavero (Valladolid, 1981) non lle falta munición. A través das súas diferentes facetas profesionais: guionista, actor e monologuista dispara balas de humor para, como el di, “alegrar este mundo cheo de penurias”. Cun ton chairo e próximo aborda os temas cotiáns que afectan ao ser humano tratando de facer crítica social.

Anuncios