Anuncios
Ticker de novas

Concerto de “Swing du Monde” en Baiona

FOTO: BLUSCUS TURISMO MARINERO // Swing du Monde.

O Baiverán 2017, programa cultural e de lecer organizado pola Concellería de Cultura de Baiona, ofrece este mércores 9 de agosto o concerto de “Swing du Monde”, ás 21:30 horas nos Xardíns da Casa da Navegación.

“Swing du Monde” é un proxecto que presenta a Tonichi Feijoó na guitarra e a Manuel Cebrián no violín. Músicos de gran traxectoria no panorama do jazz, que interpretan grandes clásicos do jazz manouche de todos os tempos.

O jazz manouche ou gypsy jazz, é unha música moi rápida e divertida que tivo a súa orixe nos xitanos franceses. O dúo lémbranos aos grandes autores do jazz manouche, pero coa perspectiva do século XX; inclúen tamén temas clásicos do s XX e por suposto música de raíz zíngara.

En resumo o que poderemos escoitar é unha mestura entre o sentimento de raíz da música xitana de orixe zíngaro, coa sofisticación do jazz moderno e a reinterpretación de temas do s. XX tocados ao máis puro estilo gypsy jazz.

Anuncios