O Centro Cultural de Parada organiza este venres e sábado a andaina nocturna “O camiño do terror”

FOTO: CENTRO CULTURAL PARADA DO MIÑOR

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, coa colaboración do Concello de Nigrán, organiza este venres e sábado a terceira andaina nocturna “O camiño do terror”, que o ano pasado reuniu a preto de mil persoas.

Os interesados en participar deben inscribirse previamente no teléfono 628 986 597 e abonar 5 euros en concepto de seguro. Trátase dunha andaina de 5 quilómetros chea de escenas de medo polos camiños de Monte Castelo e con parada no Miradoiro dos Mouros.

Nesta edición variouse un pouco o percorrido e cambian os sustos, realizándose en grupos de 30 persoas. Ao finalizar os participantes recibirán un chocolate. A saída será dende o campo de futbito de Parada (á altura de Rúa Refina nº 19). Para máis información e inscricións os interesados poden contactar no teléfono 628 986 597.