Anuncios
Ticker de novas

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca inicia a súa semana cultural

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán, inicia este martes 8 de agosto a súa semana cultural coa actuación ás 22.00 horas da coral “Ecos do Castelo” e do grupo de pandereteiras “Xarelas da Touza”. O mércores á mesma hora será a quenda dos “Terribles de Donas” e das “Pandereteiras A.VV.Monteferro”. O xoves estará dedicado aos máis pequenos con obradoiros e xogos dende as 18.30 horas. Xa o venres celebrarán a súa tradicional “Festa dos ovos con chourizo” dende as 21.30 horas. Posteriormente, ás 22.30 horas, o Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza a andaina nocturna “O Camiño do Terror”, que se repetirá o sábado.

“O Camiño do Terror”

Os interesados en participar no “Camiño do Terror” deben inscribirse previamente no teléfono 628986597. Trátase dunha andaina de 5 quilómetros polo Monte Castelo chea de escenas de medo. Nesta edición variouse un pouco o percorrido e cambian os sustos, realizándose en grupos de 30 persoas. Ao finalizar os participantes recibirán un chocolate.

Anuncios