
O Concello de Nigrán ofrece este domingo a primeira edición da feira “Revolta Artesanal” no paseo de Panxón durante todo o día, onde se repetirá o sábado 19 e domingo 20. En total, participan unha trintena de artesáns de toda Galicia especialistas en coiro, cerámica, madeira, confección téxtil…