Anuncios
Ticker de novas

Parada celebra a Romaría da Virxe da Saúde

A parroquia nigranesa de Parada celebra este domingo 6 de agosto a Romaría na honra da Virxe da Saúde.

Na véspera, o día 5, celebraranse Misas ás 12 do mediodía e ás 6, 7, 8 e 9 pola tarde.

O día da festa, o domingo 6, haberá Misas desde as 6 ata as 11 da mañá cada hora. Ás 12:15 celebrarase a cantada polo coro “Ecos do Castelo” de Parada, seguida da procesión. Pola tarde haberá Misas ás 6, 7, 8 e 9.

O luns 7 terá lugar unha Misa ás 9 da tarde. A despedida da Virxe será o 20 de agosto ás 11 da mañá.

Anuncios