Anuncios
Ticker de novas

Torneo de Tenis-Praia “Drop-Shot” en Panxón cunha trintena de parellas inscritas

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán e a Asociación Galega de Tenis-Praia celebran esta fin de semana en Panxón o V Torneo de Tenis-Praia “Drop Shot” cunha trintena de parellas inscritas (12 en categoría mixta, 9 en masculina e 9 en feminina). O torneo disputarase durante todo o sábado e domingo dende as 10:00 horas ata a noite. O tenis praia, denominado internacionalmente beach tennis, é unha modalidade deportiva que xorde da fusión entre os deportes de raqueta e os deportes de praia. Basicamente as regras son iguais que no tenis pero xógase sempre en parellas cunhas palas semellantes ás de pádel, unha pelota especial e a rede a unha altura de 1,70 metros.

Anuncios