A parranda de San Pedro pon á venda as súas camisetas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Membros da parranda de San Pedro lucindo a camiseta.

A parranda de San Pedro de Vilariño, que este ano festexa o seu 100 aniversario, pon á venda as súas novas camisetas e viseiras por 9 euros. Poden adquirirse no bar Siglo XXI de Vilariño, na Comisión de Festas de Morgadáns ou contactando no teléfono 627 904 058.

Manolo (Siglo XXI), Evaristo (Movidas), Raúl (Piti), Carlos Riveiro, Gloria Riveiro, Gloria Álvarez, Manolo Soto, Carmen Villar, Evaristo Blach e Urbano se enfundaron a camiseta este mércores para presentala ao público, e pediron que “sería bo que a xente que fose na parranda colaborase comprándoa para sufragar gastos”.

Ademais, con motivo do centenario, fan un chamamento a todos os que vaian participar, a que se animen a ir vestidos como outrora, con saias ou pantalóns de época, boinas ou gorros de palla.

A parranda de San Pedro partirá o próximo 16 de agosto ás 9:00 da mañá desde A Ramallosa con destino á Capela de San Roque, en Morgadáns. Todo o camiño estará amenizado pola Charanga OT.

Aínda que non hai constancia exacta de cando se creou a Parranda de San Pedro, varios veciños coinciden no ano 1917. Desde entón, cada 16 de agosto centos de persoas reúnense para realizar a tradicional peregrinaxe desde A Ramallosa ata Morgadáns, en Gondomar, un percorrido duns 8 quilómetros que desde hai case un século realízase como mostra de fe a San Roque.

O que comezou como unha reunión de ao redor de 70 veciños, foi crecendo ano tras ano ata alcanzar cifras como a do 2016, cando uns 800 romeus partiron cara a Gondomar, cos maiores camiñando e os nenos, as viandas e os músicos subidos a tractores debidamente engalanados con flores para a ocasión, converténdose ademais nunha tradición que pasa de pais a fillos.

Xa na vila condal ten lugar o encontro coa banda de música, para deseguido continuar a marcha ata o torreiro de festas de San Roque, sempre acompañados da música verbeneira da charanga e a animación e alegría dos camiñantes.

Tras case tres horas de percorrido, a Parranda chega ao seu destino. Despois de desfilar ata a Capela e rodeala como manda a tradición, repoñen forzas cun aperitivo para a continuación asistir á Misa Solemne e á procesión en honra a San Roque.

Unha vez finalizados os actos relixiosos, as tradicionais “poxas” a cargo de Carlos Riveiro dan paso á música, a comida, a charanga e a diversión na Carballeira ata ben entrada a tarde, cando a Parranda recolle as súas bártulos e inicia a viaxe de volta cara Nigrán, para finalizar no Convento dos Pais Franciscanos de Vilariño, pensando sempre xa no próximo ano.