Anuncios
Ticker de novas

“Cine na Praza” en Sabarís coa película “Ice Age: el gran cataclismo”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellaría de Cultura de Baiona. Este martes 1 de agosto proxectarase a película de animación “Ice Age: el gran cataclismo?”, ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

A obsesiva procura de landras por parte de Scrat acaba provocando un accidente: que un asteroide se dirixa á a Terra, ameazando con acabar coa Idade de Xeo. Sid, Manny, Diego e os demais membros da manda tentarán impedilo por todos os medios.

Anuncios