Anuncios
Ticker de novas

A baionesa Mireya Represa, dobre campioa de España de Xadrez

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA // Mireya no podio Sub 16 do Campionato de España de Xadrez Rápido.

A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, a Mestra Fide Mireya Represa Pérez, vén de acadar o dobre título de campioa de España de Xadrez e de Xadrez Rápido na categoría Cadete (menores de 16 anos) no Campionato de España que desenvolveuse no hotel Best Western en Salobreña (Granada) do 24 o 30 de xullo do 2017.

Tras 6 días de competición, a xogadora do Club de Xadrez Laroca afrontou o derradeiro día igualada coa Maestra Fide Andaluza Ana Redondo, á que acabou separando por escasos puntos de marxe. A súa supremacía na categoría foi reafirmada no espectacular campionato de rápidas no que, a falta dunha rolda, xa tiña acadado o primeiro posto.

Deste xeito, Mireya volta á senda da vitoria obtendo o seu cuarto Campionato de España individual ao que debe sumar os 12 campionatos galegos.

O seu próximo reto será representar a España nos próximos Campionatos de Europa que disputaranse en Mamaia (Romanía) do 5 ao 14 de setembro do 2017.

Mireya Represa Pérez

Mireya vive coa súa familia en Sabarís (Baiona). Empezou a xogar ao xadrez aos 6 anos nas actividades extraescolares do seu colexio. No 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán (club que conta nas súas filas con xogadores dos tres concellos do Val Miñor).

Mireya forma parte dos grupos de tecnificación das Federacións Galega e Española de Xadrez.

Anuncios