Anuncios
Ticker de novas

O Gondoverán pecha as súas portas ata o vindeiro ano

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Clausura do Gondoverán.

A Concellería de Igualdade de Gondomar, a través do Centro de Información á Muller (CIM), clausurou este luns o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

Gondoverán foi un campamento de lecer e tempo libre para fillas e fillos de familias traballadoras, ademais dunha Medida Municipal de Conciliación de Promoción Autonómica, validada como tal pola Secretaría Xeral de Igualdade no 2012.

O seu obxectivo non foi outro que o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9 a 14 horas con posibilidade de 8 a 15 horas, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral da nena/o a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento da contorna próxima, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Participaron un total de 100 rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos cuxos proxenitores son persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia).

Entre as actividades que máis gustaron están as dúas excursións que realizaron en autobús á praia e ao monte e a pernoita (con cea e almorzo incluído).

As sensacións que transmitían estes rapaces e rapazas foi alegría e tristeza neste último día posto que o Gondoverán pecha as súas portas ata o vindeiro ano con máis novas e aventuras.

Anuncios