VIII Torneo de San Fiz de Bolos Celta no Ceán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Concello de Nigrán e a Sociedade Deportiva Bolos do Ceán organizan un ano máis o tradicional Torneo de San Fiz de Bolos Celta, que terá lugar o sábado e domingo. En total, participan un cento de persoas integrantes dunha vintena de clubs do Val Miñor e Baixo Miño, que loitarán polo trofeo en equipos de tres persoas. O torneo arranca o sábado ás 15:30 horas no xogo de bolos do Ceán e o domingo dende as 9.00 horas ás 14.00 horas, estando previsto a esa hora a entrega de trofeos.

Anuncios